Comesaña Sporting Club. Fundado en 1915. Decano del atletismo Gallego
 Escudo del Comesaña Sporting ClubAS MANS de masaxista
Soledad Castro
 Portada 
 Noticias 
 Resultados 
 Atletas 
 Historia 
 Enlaces 

Déitome na vontade
de prescindir de min
Sentir como esvaran
os dedos pola carne

Déitome no pracer
de entregar o cansancio
pechar os ollos e pensar
que non hai corpo

Déitome por conceder
a cada membro, absolución.;
por pedir perdón ó esforzo
e acadar indulxencia plena

Déitome e deixo facer
ó meu confesor
pecado a pecado
abrollando vai a liberción

Érgome e sinto
que camiña o meu corpo
desatado de cargas
acougado da culpa
que os quilómetros foron

Érgome e sei
que vai o cansancio
nas túas mans

© 2003 Comesaña Sporting Club. San Andrés de Comesaña. Vigo. Todos los derechos reservados.