|
|
O mellor non importa.
Acaso concedo unha
importancia desmesurada
pero bólesme e róesme
na incógnita.
Un nervio vai tensando
a vontade
e xa non sei facer.
O mellor é excesivo.
Acaso penso en hipérbato,
pero a túa presencia
desacouga o cansancio
que aínda non é.
O futuro feito de
volta tras volta
vai evocado en ti,
e seite no medo do meu pè
que se desafoga en ritmo
cansado, versado en décimas,
Ò mellor resulta absurdo,
acaso non paga a pena
pero sempre está aí
a ansia de te calzar
O nervio dunha nova incógnita
devecendo metas
|