Comesaña Sporting Club. Fundado en 1915. Decano del atletismo Gallego
 Escudo del Comesaña Sporting ClubABSURDO CON RESPOSTA
Soledad Castro
 Portada 
 Noticias 
 Resultados 
 Atletas 
 Historia 
 Enlaces 

¿Para que?
O esforzo supérame
e só ansío parar,
deter esta inercia
e proclamar a derrota.
Voltas que me esmagan
e afúndome no tartán.
Materia en límite.

¿Por qué?
Segue o corpo
en avance desganado.
Son combate de cansancio
e con todo, non me resigno.

¿Ata que?
Os pasos non volven
e vou tragando metros
respirando segundos
reducindo o corazón a suor

Respondo
nun reto calado, absurdo
que se torna forza,
e intégrome en min
medro no cansancio.
Hai un horizonte
que se acada
e se traspasa …
agardando un despois …

© 2004 Comesaña Sporting Club. San Andrés de Comesaña. Vigo. Todos los derechos reservados.