Comesaña Sporting Club. Fundado en 1915. Decano del atletismo Gallego
 Escudo del Comesaña Sporting ClubCHEGAR, MALIA TODO
Soledad Castro
 Portada 
 Noticias 
 Resultados 
 Atletas 
 Historia 
 Enlaces 

Rómpeseme a impotencia
por todo o corpo:
as pernas son aramios
endebles que se torcen;
teño dous paus
que oscilan en desconcerto
pendurando dende os ombros.

O serrín percorre a gorxa
e trabuco o respirar,
mentres os ollos
senten pasar,
pegadas que se achegan,
e vanse, sen máis.
Un interrogante no estómago
con resposta incerta: meta
Esvaéuseme o corpo

Mans e mans que palmean
e contemplo
dende un caixón
Eu non sei como foi

© 2004 Comesaña Sporting Club. San Andrés de Comesaña. Vigo. Todos los derechos reservados.