|
|
Ansia que engole a vontade.
Desexo de que todo pase
que o tempo se precipite
e xa sexa despois.
Ganas de non agardar
de saír a buscar
e roubar as horas
que aínda faltan.
Incógnita que reduce o ser
a un momento
unha liña diante dos pés
e a quietude disposta a se romper.
Desacougo de futuro
que enche o presente
pensando se fose xa pasado.
Esperanza de poder fuxir,
de saber berrar
e dicir moi alto
que en realidade
non quixera estar aquí
vivindo este agora
se non ese despois.
|