Comesaña Sporting Club

31º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través | Índice
Regulamento / Reglamento

Circuíto

Historial de Vencedores

Plano de accesos

RESULTADOS (PDF)

Edicións Anteriores
2008 (30ª edición)
Resultados
Fotografías

 
2007 (29ª edición)
Resultados
Fotografías
Crónica
Vídeo [1] [2] [3]  
2006 (28ª edición)
Resultados
Fotografías [1|2]
 

2004 (26ª edición)
Resultados
Fotografías
 

2005 (27ª edición)
Resultados
Fotografías [1|2]
 


2002 (24ª edición)
Resultados
Fotografías
Análise Estadística

2003 (25ª edición)
Resultados
Fotografías



Regulamento

  1. O Comesaña Sporting Club, coa autorización da Delegación da Federación Galega de Atletismo en Vigo, organiza o próximo día 29 de Novembro o 31º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través en San Andrés de Comesaña no Barrio da Ponte (Paseo do Río Lagares) desta parroquia. O control e dirección das carreiras estará a cargo do Comité de Xuíces da Delegación da Federación Galega de atletismo en Vigo.
  2. As voltas do percorrido das carreiras serán a contar a partir do primeiro paso pola liña de meta, e o horario de saída das mesmas é o seguinte:
Hora Categoría Anos nacemento Distancia Voltas
10:30 Xuvenil Masculina
e Júnior Masculina
1993-1994
e 1991-1992
4633 m Tramo 1 + 1 volta pequena + 2 grandes
10:53 Xuvenil Feminina
e Júnior Feminina
1993-1994
e 1991-1992
3697 m Tramo 1 + 2 voltas pequena + 1 grande
11:15 Promesa Masculina
e Sénior Masculina
1988-1989-1990
1987 ou anteriores
9766 m Tramo 1 + 1 volta pequena + 5 grandes
12:02 Promesa Feminina
e Sénior Femenina
1988-1989-1990
1987 ou anteriores
5569 m Tramo 1 + 3 voltas grandes
12:32 Cadete Masculina 1995-1996 3697 m Tramo 1 + 2 voltas pequena + 1 grande
12:52 Cadete Feminina 1995-1996 1986 m Tramo 1 + 2 voltas pequenas
13:05 Infantil Masculina 1997-1998 1986 m Tramo 1 + 2 voltas pequenas
13:16 Infantil Feminina 1997-1998 1211 m Tramo 1 + 1 volta pequena
13:23 Alevín Masculina 1999-2000 1211 m Tramo 1 + 1 volta pequena
13:30 Alevín Feminina 1999-2000 885 m Tramo 0 + 1 volta pequena
  1. As inscricións deberán efectuarse por un dos métodos seguintes:
  1. Todos os atletas participantes deberán ter dilixenciadas as súas licenzas para a tempada 2009/2010. Os portugueses sempre que non foran internacionais, en Campo a Través, ou fondo e meio-fondo, nos 5 últimos anos.
  2. En todas as carreiras haberá unha clasificación por clubes, establecéndose esta coa suma dos postos ocupados polos catro primeiros atletas dun mesmo club en cada carreira (postos reais, sen eliminar os atletas que non puntúen por ningún club, por ser independentes ou por competir o seu con menos de 4 atletas). En caso de empate este resolverase en favor do club co 4º atleta mellor clasificado. Tamén se realizarán clasificacións individuais por cada categoría.
  3. Os atletas de calquera categoría de veteráns consideraranse a todos os efectos coma sénior.
  4. Serán gañadores do 31º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través a primeira atleta clasificada da carreira promesa-sénior feminina e o primeiro atleta clasificado da carreira promesa-sénior masculina.
  5. Outorgaranse premios en metálico aos cinco primeiros clasificados nas carreiras promesa/sénior de ambos os dous sexos, así como trofeos aos primeiros en todas as categorías. Tamén trofeo para o club gañador de cada carreira.
1o/a clasificado/a 600,00 €
2o/a clasificado/a 400,00 €
3o/a clasificado/a 250,00 €
4o/a clasificado/a 100,00 €
5o/a clasificado/a 60,00 €
  1. Os gastos de desprazamento dos participantes correrán da súa conta
  2. Todos os dorsais dos atletas serán entregados polo club organizador no momento da confirmación, que se realizarán como mínimo media hora antes do comenzo de cada carreira, debendo os atletas respectar a publicidade impresa.
  3. Os participantes nas carreiras xuvenil/júnior e promesa/sénior deberán pasar por cámara de chamadas ata 15 minutos antes da hora de comenzo das súas carreiras.
  4. As reclamacións sobre a competición deberán ser presentadas de acordo con as normas establecidas no Regulamento Internacional da IAAF.
  5. O Comesaña Sporting Club e os seus colaboradores non se fan responsables sobre os posibles danos que con motivo da competición poidan sufrir os participantes ou ocasionar a outros, sen prexuízo dos dereitos que lle puidesen corresponder ante a compañía aseguradora correspondente.
  6. O non previsto neste Regulamento resolverase de acordo co Regulamento Internacional da IAAF.
  7. A soa inscrición neste 31º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través implica a total aceptación do preceptuado no presente Regulamento.
© 2005 Comesaña Sporting Club. San Andrés de Comesaña. Vigo. Todos los derechos reservados.